viernes, 17 de mayo de 2013

Esta miña fala











Fala que me canta
nas augas do río,
fala que me conta
o que trae o vento,
fala que me chora
nas bágoas dun fillo, 
fala que me nace
dende o meu adentro.

Ti non morrerás
lingua feiticeira
palabra de ancestro
palabra primeira,
a miña palabra
¡palabra galega!





 










3 comentarios:

isia dijo...

Felicidades polo poema e sobretodo por conmemoerar un ano máis o día da nosa lingua.

un bico dende a illa

Marisa dijo...

Gracias Isia.

Un bico

Chousa da Alcandra dijo...

E mentras haxa palabras, haberá letras e, sobre todo, LINGUA!
Un bico

Publicar un comentario