jueves, 31 de octubre de 2013

O recital

























Edgar Degas




Unha sementeira
de palabras
suben
a tremer pola gorxa,
tímidos paxaros voadores
que se enguedellan
cos latexos agarimosos
dunha arpa

e bailan
bailan no aire
unha danza morna
pintada por Degas

de cando en vez
pousan
nun sorriso,
nunha mirada,
collen respiro...
 

e voltan
a un ballet doce,
aquedadado,
para caer rendidos
sobre un leito quente
de aplausos.







2 comentarios:

Sir Bran dijo...

Un fermoso espectáculo... de armonía e doces movementos.
O aplauso está garantido.
Biquiños.

Alís dijo...

Fermosa maneira de describilo. Dan ganas de velo.

Bicos

Publicar un comentario