jueves, 3 de octubre de 2013

Nacida en outono


 
















Esta cor dourada,
dourada no ceo
dourada na auga
anaga o meu corpo

o berce do día
arrolo dun sono,
a luz esvaída
nacida en outono.












9 comentarios:

Marisa dijo...

Será porque nacín en outubro
que a cor do outono
ten para mín
un significado especial.

Bicos para todos.

Marcos Callau dijo...

Precioso. Muy musical y rítmico.

andré de ártabro dijo...

É feticeira!!
Bicos

Sir Bran dijo...

E será...
mais o meu pensar e que tamén o outono nace en ti o mesmo tempo... e repitese cada outubro de novo,
Dourada tamén es ti entón Marisa.
Bicos.

Alís dijo...

O outono ten unha luz e un has cores especiais. Tamén o penso. E ti sabes reflexalo nos teus poemas.

Como non sei en qué día naciches, felicítote por todo o mes.

Bicos

Marisa dijo...

Gracias a todos por vir .

Biquiños

isia dijo...

Fermoso! do máis bonito que lin últimamente! como a luz de outono, totalmente.

un saudo dende a miña illa

Chousa da Alcandra dijo...

Evoca certa tristura o outono; máis...eu percibo moita vitalidade nel. É como un rearme da natureza.

Jorge CimadeVila dijo...

O mundo impregna coa súa cor á poetisa, ate o punto de que non sexa ela, só o mundo.

Publicar un comentario