martes, 15 de octubre de 2013

Outono na néboa




" Fall fog"  Leonid Afrémov.




A fresca dozura
dos figos,
a morna ausencia
do sol,
poucas follas
na pereira

baballa un día
de outono
colgado
da branca néboa.

un camiño
melancólico
para que o tempo
sosteña.








3 comentarios:

andré de ártabro dijo...

O outono xa está connosco pendurado nos teus fermosos versos.-
bicos

Alís dijo...

Gustoume o teu poema tanto como o outono (miña estación preferida). E déronme ganas de comer figos, tamén.
A ilustración tamén é fermosa.

Bicos

isia dijo...

as túa forma de rimar tan fermosas palabras crea na miña mente unha melodía adictiva que me incita a volver ler o poema unha e outra vez.

p.d: encántame a imaxe que escollestes. Un saúdo dende a miña illa

Publicar un comentario