sábado, 30 de noviembre de 2013

Xílgaro



Non entendía...                                                                               


 


















a nenez
non entendía
a voz irada do trono

é que a nube estaba chea
e antes de rebentar
daba berros daquel xeito?

non había
toxos nin silvas
os pés tiñan ollos de cego

e corrían…
ata unha rocha
ou palleiro

a treboada pasaba
e o xílgaro tremía.



Pintura: Hu Jun  Di



 



3 comentarios:

Alís dijo...

As presas por fuxir da treboada (e sempre te pilla).

Fermoso

Bicos

Marisa dijo...

Querida Alís, a veces as tormentas desatámolas
os maiores e os nenos padécenas.

Biquiños

Chousa da Alcandra dijo...

Ledicias habituais e pararaios para as tormentas que houbera neste 2014

Bicos

Publicar un comentario