miércoles, 27 de noviembre de 2013

O nordés


















Cabo Home
(Foto xanela) 





Axiña
adormece o sol,
o nordés é un coitelo frío
que fura mentes e ósos,

a chave aferruxada
que abre
as portas do inverno,
o corpo quebra
coma as herbas
aterecidas pola neve.

A noite é un carambelo
que mata luces e vermes
no raído ollo do tempo.










1 comentarios:

Alís dijo...

A chegada do frío esperta os sentidos, lémbranos que estamos vivos... ou será que sinto morriña dese nordés.

Bicos

Publicar un comentario