sábado, 30 de noviembre de 2013

Xílgaro



Non entendía...                                                                               


 


















a nenez
non entendía
a voz irada do trono

é que a nube estaba chea
e antes de rebentar
daba berros daquel xeito?

non había
toxos nin silvas
os pés tiñan ollos de cego

e corrían…
ata unha rocha
ou palleiro

a treboada pasaba
e o xílgaro tremía.



Pintura: Hu Jun  Di



 



miércoles, 27 de noviembre de 2013

O nordés


















Cabo Home
(Foto xanela) 





Axiña
adormece o sol,
o nordés é un coitelo frío
que fura mentes e ósos,

a chave aferruxada
que abre
as portas do inverno,
o corpo quebra
coma as herbas
aterecidas pola neve.

A noite é un carambelo
que mata luces e vermes
no raído ollo do tempo.










sábado, 9 de noviembre de 2013

Contaminación


















 A papeleira de Ence, na Ría de Pontevedra 
 Foto: sospontedeume.com






Brancas pombas fuxidías
ensaian voos de morte
sen atopar paraíso.

douradas ninfas do mel
entre pétalos fermosos
liban nectar de veleno.

A nosa riqueza do mar
en contaminado respiro
estáse a morrer por dentro

Habítanos fonda podremia
que a codicia xenera,
no mar,no ceo,na terra.

Quedará
nalgún lugar
pureza que respirar?