domingo, 25 de mayo de 2014

Un pétalo de luz na noite



 

























" De profundis"
Pintura do meu amigo
Xabier Castro Suarez





Apagáronse os ollos,
o espíritu do  home
camiña
por unha terra de sombra,
cego, calado
recibe nas súas mans
centos de flores murchas.

Se tan efémero é o lirio
por qué o soño do verme
pervive eterno na néboa .

Deixamos caer ó río
un tempo que nos  escapa.

Por un pétalo de luz na noite,
un desexo que alumee
a hora morta,
unha  fresca brisa de aurora
que entre pola fiestra
na hora arcaica da tebra.









0 comentarios:

Publicar un comentario