martes, 6 de mayo de 2014

Vieiros de incertidume




























Noite en claro
escuro día
para a fame que non durme

sen traballo
sen pan
sen casa

camiña a desesperanza
sen fogueira  que lle alume

agárrase a dor  a tripa,
afoga o día  na bágoa,
a sombra silandeira
é unha porta aferrollada

que se abran
as  pálpebras das fiestras,

que entre a luz a mans cheas
naqueles ollos pechados,

que das cinzas saia lume
facho dos desamparados.




3 comentarios:

fonsilleda dijo...

Estremecida me deixaches, tremendo.

Alís dijo...

Malos os tempos nos que o día é máis escuro ca noite. Vai chegando o momento de rexurdir, por necesidade, por supervivencia.

Bicos

..NaNy.. dijo...

Hola de visita por tu blog me gusta como escribes es precioso. Saludos

Publicar un comentario