miércoles, 30 de julio de 2014

Nunca é tarde
















(Foto xanela )




Cando xa pensabas
que o teu reloxo ía canso
descubres
que aínda lle quedan horas
coas que soñar,
un novo arrecendo de gardenia
polo que loitar,
unha nova brisa de aurora
que che fai revolotear
pombas no peito.

Agora sabes,
agora eres
agora vives.




1 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Motivos para revivir hainos. Unicamente temos que permitirlles agromar...
Alédame saudarte. E deixarche bicos

Publicar un comentario