jueves, 23 de enero de 2014

Noite longa























Noite longa
noite queda,
un sono
que nunca chega,
gastado anaco de chumbo
son os meus brazos
e pernas,
nesta conca
dos meus ollos
aniña
a hora esperta.










lunes, 6 de enero de 2014

Amencer na néboa




























Non hai fronteira,

nin mar
nin ceo
nin terra

unha gran mestura
de sombras
cinguidas
na branca néboa

unha gran friaxe
que se pousa  nos ollos
e pecha
as pálpebras do día.


pintura: ( Caspar David Friedrich)