lunes, 17 de febrero de 2014

Vergoña


 














 Un trebón de bágoas
saltan o balado
duns ollos sufridos,
pombas fuxidías
buscando
anegados camiños.

O aire cheira a podrido,
augas cenagosas
ventando morte,
a vergoña
rebentou en espiral,
concertinas
e pelotas de goma.





 Imaxe de televisión dunha das lanchas das forzas marroquíes que continúan buscando máis corpos  tra-la morte de catorce subsaharianos- (EFE)