sábado, 31 de mayo de 2014

“O tempo”



Pintura :
(Henri Matisse )





O tempo
é chumbo que pesa

para  quen o leva ás costas.

      

Un lóstrego que zorrega

polos buracos das coxas .



Un vaído de dor  no peito

en donde abreva

o desexo



O tempo…



o seu pé de vento

non acouga,

corre que corre lixeiro

polos  atallos da vida.




domingo, 25 de mayo de 2014

Un pétalo de luz na noite



 

























" De profundis"
Pintura do meu amigo
Xabier Castro Suarez





Apagáronse os ollos,
o espíritu do  home
camiña
por unha terra de sombra,
cego, calado
recibe nas súas mans
centos de flores murchas.

Se tan efémero é o lirio
por qué o soño do verme
pervive eterno na néboa .

Deixamos caer ó río
un tempo que nos  escapa.

Por un pétalo de luz na noite,
un desexo que alumee
a hora morta,
unha  fresca brisa de aurora
que entre pola fiestra
na hora arcaica da tebra.









martes, 6 de mayo de 2014

Vieiros de incertidume




























Noite en claro
escuro día
para a fame que non durme

sen traballo
sen pan
sen casa

camiña a desesperanza
sen fogueira  que lle alume

agárrase a dor  a tripa,
afoga o día  na bágoa,
a sombra silandeira
é unha porta aferrollada

que se abran
as  pálpebras das fiestras,

que entre a luz a mans cheas
naqueles ollos pechados,

que das cinzas saia lume
facho dos desamparados.