sábado, 23 de enero de 2016

Sombras alongadas



















Hoxe é unha tarde desas,
morriñenta, apócrifa, irreal.
a néboa
bota man das almas,
choran as pedras
e a tí
dáseche por pensar…

Sombras alongadas
pérdense na eternidade.

Sacudes este chumbo,
este inverno que esnaquiza
e vas na procura
de nítidos espellos.

Un bico
unha aperta
a cálida palabra,
penetran tan mainiño
coma o poallo de fora.


(Marisa Pintos López)

1 comentarios:

Andres Lopez dijo...

Penso nesas sombras alongadas, e a túa chega hasta min e coma o paisaxe sinto a beleza das tús verbas
e non deixo de te lembrar
Agarimos
André

Publicar un comentario