lunes, 1 de febrero de 2016

Na praia da Lanzada



















Foto xanela



Un cántico de olas esvara
pola area
e ven a mín  sobre  finísimos
patíns brancos.
Pura letanía que se agocha
entre  as dedas dos pés
e as horas baixas.

Unha mestura de emocións
danzan no caletre.
Van e veñen
coa mesma cadencia
da auga.

Paseniño,  paseniño
esparexen con lene murmurio
igual  cas pegadas
da gaivota.



4 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Lanzando poesía desde a Lanzada. Fermosa maneira de bicar neste inverno primaveral.

Bicos

Marisa dijo...

Xa ves amigo Chousa, despois de tanto tempo outra vez por aquí.
Unha delicia atoparte de novo por estes eidos.
Unha aperta moi grande

Rayén dijo...

Que linda es la playa, las olas y sus gaviotas.
Pero mejor aún es encontrarte nuevamente en este espacio. Un montón de carińos!!.

Rayén dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.

Publicar un comentario