viernes, 29 de enero de 2016

Un novo alento
















 Foto xanela

 

Non sempre é doado saír
do abafamento
dun  río de augas turbulentas,
que ten presa, que te leva
sempre cara abaixo.
Coma unha sombra impalpable
que loita mergullada
no fondo do abismo,
saca forzas
das entrañas do frío
e sae fora da auga,
e respira,
respira con tódalas
forzas da súa alma
o apreciado alento
do paxariño,
o que marca a curta
distancia entre a luz
e o tempo.







sábado, 23 de enero de 2016

Sombras alongadas



















Hoxe é unha tarde desas,
morriñenta, apócrifa, irreal.
a néboa
bota man das almas,
choran as pedras
e a tí
dáseche por pensar…

Sombras alongadas
pérdense na eternidade.

Sacudes este chumbo,
este inverno que esnaquiza
e vas na procura
de nítidos espellos.

Un bico
unha aperta
a cálida palabra,
penetran tan mainiño
coma o poallo de fora.


(Marisa Pintos López)