miércoles, 29 de junio de 2016

Dedos de vento



 



















Herbert
Joven tocando el arpa



 A melodía dos anos
é unha metáfora da vida,
lenta,calada,
ouricelada na pel
con pingas
de ledicia e pranto.
Unha melodía de arpa
pulsada
polos dedos do vento,
doces acordes de solpor
que avanzan
mansamente
diluídos no tempo.