domingo, 6 de noviembre de 2016

¡Máis feramente forte!

















Unha e outra vez
o mesmo recorrido
para achegarse a calor
que mata o frío
da alma
e quenta o respiro.
Sempre na procura
dun bo acougo

Toxos e silvas
invaden
os carreiros da vida.
Xa non quedan
fouciños  afiados
na quela moa do hórreo
que os mantiñan
libres de espiños.

Aínda
que pola cima dos piñeiros
ouvea un vento  ferido
que arripía a pel
e curte os sentidos,
algo me dí:
¡máis feramente
forte,
máis feramente
forte!