sábado, 28 de octubre de 2017

Tempo de pensar























 Foto xanela


A necesidade
de acubillar as palabras
na luz,
volvoretas que latexan
cada vez
máis preto da noite,
intre de silencio
en cada instante
do camiño,
a medida dun mesmo
para saber
o ar que respiras.

Gardarei
nos meus ollos
as mañáns de ceos
claros,
nas miñas mans
rosas de pitiminí,
no nariz
perfumada brisa
do mar,
e o amor de tódolos
bicos
nos meus beizos.



3 comentarios:

tecla dijo...

Puedo distinguir la belleza de tu poema por la musicalidad de tus palabras, Marisa.

tecla dijo...

Un abrazo.

Chousa da Alcandra dijo...

Que non nos falten os bicos no 2018. Ledicias lectoras enfiadas en momentos de escrita.
Apertas cosidas con bicos!

Publicar un comentario