sábado, 30 de enero de 2010

Néboa




Sedenta a pel do raio escondido

amanece na branca néboa.


Acoitelan espíritus invisibles

furan por cada poro

enchen o corpo de fría humidade.


Fume envolvente sen lume.


Avanza o día e por fín o cobarde

agóchase amedrentado.


A luminosa presencia do sol

amosa sorrinte polo verde

cumio da montaña.

miércoles, 27 de enero de 2010

Barquiña

.
..
.

Barquiña, miña barquiña

que pouco aprezo

che dan.

Despois de bandear

nas augas

e axudar a gaña-lo

pan.

Atópaste baradiña

cheíña de musgo

e sin mar.

.

.