viernes, 26 de marzo de 2010

Romaría de San Antón.

.
.
."Romería" Caino Vasconcellos
.

Camiño da romaría

cos cartos na faltriqueira

co seu paso apuradiño

non vai ser a derradeira,

.

en darlle as grazas o Santo

por non ter morto na leira

cando lle virou o carro

e de tan mala maneira

que quedou debaixo del

pero que saíu moi lixeira.

.

Dar limosna a San Antón

escoitar misa primeira

botar baila co Manuel

comerán bo polbo a feira.

.

martes, 16 de marzo de 2010

Unha terra feiticeira




Entre regatos e xestas

entre chuvias e cruceiros

pasar os anos primeiros

de enchenta só polas festas.


Coller auga na fontiña

garabullos para o lume

fregar os ollos co fume

na lareira da cociña.


O carro chega do monte

de toxo ben cargadiño

pasou o día do espiño

e parece que foi onte.


Unhas ondiñas no mar

unha terra feiticeira

unha brisiña lixeira

ledicia dende o meu lar.

jueves, 11 de marzo de 2010

As pedras de lavar

.
.
.

Xa non te vexo Rosiña

lavando a roupa no río

agardan as pedras gastadas

polos trapos da cotío.

.

Agora son outros tempos

do tendal e do amorío

pechados entre paredes

sen sol e todo moi frío.

.

Xa non se escoitan os contos

nin tampouco o asubío

do afiador mañanceiro

que te esperaba no río.

.

.

viernes, 5 de marzo de 2010

Leda

Pincha na imaxe



Cadeliña que contenta

segues tódolos meus pasos

e tamén os voos rasos

da gaivota que te tenta.


Non hai cousa máis fermosa

que verte coa língua fora

pode ser a calquer hora

as carreiras moi gloriosa.


Subes e baixas outeiros

tamén te achegas ó mar

sen cadea e sen atar

polos humidos carreiros.


Contigo non hai tristeza

fa-la fuxir enseguida

coa túa cabeza erguida

fasme mostrar entereza.


Eres a fiel compañeira

defendes ata morrer,

ese sí que é un querer

que para todos eu queira.

lunes, 1 de marzo de 2010

Non é tempo


Xa quere saír a luz

a brancura da cerdeira

pero a saraiba da nube

aterece a flor primeira.


¿Inocencia inmaculada

con canas na cabeleira?


-Aínda ten que pasar tempo-


Pobriña a miña froiteira

que a quere atormentar

con friaxe calculada,

que sen chegar a ser

xa se vexa sendo nada.


Que isto tal non ocurra

chegará vento suave

tamén o raio do sol

farán que a vida transcurra.