sábado, 1 de diciembre de 2012

Fráxil presenza



 















Non temas amor
pola nosa fráxil

presenza,
tamén o sol
é quen
de saca-las cores
á humilde violeta
 

e vive…
e vive…na súa estirpe,
a súa eterna

existencia.


 Foto:(Joan Sampera Casals)








martes, 30 de octubre de 2012

Saudades





Muíño Albeiro 
(Río Loira- Marín )




 Aquela terra dourada
terra preñada de millo
a que paría fartura
co coidado do seu fillo
¿donde están aquelas máns
aquelas, as do agarimo?
que agora chora saudade
entre silveiras e xestas
a veira deste camiño

O hórreo xa está derrubado,
xa non me canta o muíño
as súas pedras agardan
no fondo, no fondo río.









lunes, 22 de octubre de 2012

Verso de vento













Pintura
Amparo Jaramillo



Nesa folla que cae
escribo un verso
de vento

xira, xira e xira

e vai deixando 
no peito
un oco
para o silencio




sábado, 6 de octubre de 2012

Adagio


















 Pintura de Leonid Afremov



Voa, voa...
a outros mundos
a outros ceos,
cómo podería
dete-la fuxida
do fermoso canto
que emigra,
se eu mesma quixera
poñerme nas ás do vento
e ir tra-lo raio
que quenta

serei un soño dourado
sintonía dun adagio
unha semente que espera.










sábado, 22 de septiembre de 2012


Pintura de Leonid Afremov




Nun último estralo
todo remata

todo fulgor
nun remuíño
de ouro e lume
ós pés da planta

é agora
cando precisa,
da fiel aperta
do doce canto
placidez suave
cálido manto





lunes, 3 de septiembre de 2012

Sen palabras






Imaxe Xanela



Aquí no alto
no mais alto do monte
onde todo se sente
non caben palabras,
deixamos que sexan
as árbores,os paxaros, as xestas,
as floriñas dos carrascos
as que nos falen,
que sexa o ouro da tarde
pousado sobre as augas da ría
o que nos fale,
que sexa o rumor da brisa
o que traia ata nos,
ata esta mesma rocha
na que ti e mais eu sentamos
a verdadeira palabra
o arrecendo da vida.









jueves, 16 de agosto de 2012

O pasmo da buganvílea





Foto Agarimo


Sumida 
neste sutil pensamento
de total transparencia
achégome 
ó pasmo da buganvílea
que ve
como o seu colorido
como os seus pétalos
viaxan 
nun soplo de vento 

é todo tan breve
tan volátil
que non se decata
que foi creada 
de efémera esencia








miércoles, 1 de agosto de 2012

Harmonía sutil




 













Giverny (Monet )




 Todo era…
paixón apurada
un canto sen fin,
arelanzas altísimas
por carreiros infindos
cara á luz dos soños

é harmonía sutil
de cor violeta,

de piedade
de bolboreta branca
de tenrura,
cantiga de arpa
atrapando vida.






domingo, 15 de julio de 2012

latexo












Foto Xanela
Praia da Lanzada




 E cando o sol
se agocha
con arumes de sal
e piñeiro

xa so se escoita
na area,
un bico de mar
un latexo

dentro de mín...
o silencio






martes, 10 de julio de 2012

Malos ventos













  
Cadro : (Fabian Menassa)



Coma pantasmas
flotan  voitres
por riba da fame,
cheiran  miseria


os seus ollos espreitan
a fenda da dor

que lle levan ó aproveite,
á  pinga derradeira

o vento que chega no ar,

é vento que fire
é vento que esfola

sons de Rosalía

Eu podo decirche
non canta que chora
”.







domingo, 3 de junio de 2012

Esperanza
















Sara Diciero
(Pintura ó óleo)



Non hai aurora sen sol
non hai noite sen estrela

por moito que a nube
se empeña
en extender o seu manto…
non hai  primavera sen flor
nin árbore
sen o seu canto

en cada soño unha luz
en cada paso unha meta
por cada verso un latido
no corazón do poeta.






sábado, 26 de mayo de 2012

Aqueles pés


 


Foto Xanela



Aqueles
carreiros pobres
por donde pisaron os pés,
entre espiños
seixos duros
víboras de moito doer

cánto frío
cántas trampas
aguantaron sen esmorecer,
de donde sacaban forzas
aqueles débiles pés?

unha loita
un anhelo
un credo
un amencer

algunhas pegadas
no tempo
quedarán
daqueles pés ?




martes, 22 de mayo de 2012

Lembranzas


















 ¡Ai con canta tenrura
aquelas noites lonxanas
que abanadas pola lúa
xa soñaban!

en ceos cheos de cantos
que non ventaran as bágoas
en leiras cheas de espigas
sen que foran traballadas
en ríos e mares de peixes
que coas mans se apañaran
naqueles contos fermosos
xoguetes e lambetadas
sen que houbera que pagalas


e coa súa inocencia
no chan da cociña sentada,
xogaba…
xogaba a facer bonecas
con carozos, trapos e canas.




Imaxe (As bonecas d´Isa )



martes, 8 de mayo de 2012


Foto Xanela


Fuxen os soños
nas pingas da chuvia
que mollan os pétalos

neste xardín 
das margaridas,
do mar
do vento

non hai terreo
que preserve da intemperie
a flor do tempo.




martes, 24 de abril de 2012

A pel dun sono







 E agora que sei
que a miña pel
é a túnica
que envolve un sono,
viaxarei con ela
na nube
no sol
no vento,
ata o silencio
que habita
a flor de loto


 Pintura de Jia Lu










jueves, 12 de abril de 2012

Acariciando as estrelas












.
.






A miúdo te lembro
nas árbores
nas cepas
nas veigas

choran de soidade
orfas da túa presencia

vexo as túas mans
acariciando as estrelas
liberándoas dos ladróns
arrincándolle as malas herbas.




jueves, 29 de marzo de 2012

O Facho

.
.
Os meus pasos
son outros pasos,
aqueles que se gardan
nas rodeiras do carro
aqueles que se herdan,
os que van na procura da luz
polos vieiros da pedra

e dende o curuto do Facho
todo se entende,

alumea unha luz tan inmensa
que o mesmo Deus expande,
por enriba do mar
por enriba das Illas Cíes,
as míticas Casitérides

é tanta a pureza do aire
que se respira
que revela a verdade,
que clarifica o misterio
de " Beróbriga ".






Foto Xanela

jueves, 22 de marzo de 2012

Primavera

.
.
.










.
.
.

.

Ese misterio
que me adentra
no segredo oculto da terra


é a savia
que alimenta o meu espíritu,
que me eleva ata ó respiro


é o despertar dun frío sono,
esa flor que brota
dun corpo espido.


Acuarela de Carmen Jiménez






martes, 6 de marzo de 2012

Azuis inmensos



Foto Xanela (Rías altas)



Bate acelerado
o latexo do tempo
non caben no peito
azuis inmensos,
condensan as veas
desexos e feitos

e no duro intento…

camiña a savia espesa
nun paso moi lento.









viernes, 24 de febrero de 2012

O entroido



















.
.

Cadro do pintor
Francisco Sutil




Debaixo das caretas
fuxen os días
tinguidos de puro espanto

e nas rúas
parodia e canto,
un ledo intento
co que disfraza-la vida.





domingo, 12 de febrero de 2012

A flor da cerdeira


Para miña nai
con agarimo


Van tan á presa
as pombas do tempo
que ensarillan nas plumas
tódolos nomes

e rebélaste…

se dentro de tí
eres a mesma
por qué se enreda
o que se foi
co que se queda...?

Cada día que amence,
un raio de sol
un canto de merlo
a flor na cerdeira





viernes, 3 de febrero de 2012

Soles de inverno









.
.




Tremen as mimosas
co vento do nordés,
toda súa esencia
perfuma febreiro


e nas miñas mans
neve florecida,
botóns de sol
amornan o inverno

evidencia renacida.







viernes, 20 de enero de 2012

A vellez























Coma un xirasol

amaña o seu corpo
para garda- la calor
nas arcas do inverno

senta toda a sabedoría
no poio da porta

pousa os seus olliños sen vida
na cameleira branca,
branca coma xeada que pisa
branca coma a súa
cabeleira branca.


(Imaxe de Internet)

lunes, 2 de enero de 2012

Como é o silencio?

.

Covas de xeo no Lago
Carrera
(Patagonia
)




a veces...
un río apresurado,
unha fervenza
un pesadelo

outras...

a lúa nun lago,
tan temperado
tan adentro
tan quedo...
.
.
º.
.
.