sábado, 30 de noviembre de 2013

Xílgaro



Non entendía...                                                                               


 


















a nenez
non entendía
a voz irada do trono

é que a nube estaba chea
e antes de rebentar
daba berros daquel xeito?

non había
toxos nin silvas
os pés tiñan ollos de cego

e corrían…
ata unha rocha
ou palleiro

a treboada pasaba
e o xílgaro tremía.



Pintura: Hu Jun  Di



 



miércoles, 27 de noviembre de 2013

O nordés


















Cabo Home
(Foto xanela) 





Axiña
adormece o sol,
o nordés é un coitelo frío
que fura mentes e ósos,

a chave aferruxada
que abre
as portas do inverno,
o corpo quebra
coma as herbas
aterecidas pola neve.

A noite é un carambelo
que mata luces e vermes
no raído ollo do tempo.










sábado, 9 de noviembre de 2013

Contaminación


















 A papeleira de Ence, na Ría de Pontevedra 
 Foto: sospontedeume.com






Brancas pombas fuxidías
ensaian voos de morte
sen atopar paraíso.

douradas ninfas do mel
entre pétalos fermosos
liban nectar de veleno.

A nosa riqueza do mar
en contaminado respiro
estáse a morrer por dentro

Habítanos fonda podremia
que a codicia xenera,
no mar,no ceo,na terra.

Quedará
nalgún lugar
pureza que respirar?













jueves, 31 de octubre de 2013

O recital

























Edgar Degas




Unha sementeira
de palabras
suben
a tremer pola gorxa,
tímidos paxaros voadores
que se enguedellan
cos latexos agarimosos
dunha arpa

e bailan
bailan no aire
unha danza morna
pintada por Degas

de cando en vez
pousan
nun sorriso,
nunha mirada,
collen respiro...
 

e voltan
a un ballet doce,
aquedadado,
para caer rendidos
sobre un leito quente
de aplausos.







martes, 15 de octubre de 2013

Outono na néboa




" Fall fog"  Leonid Afrémov.




A fresca dozura
dos figos,
a morna ausencia
do sol,
poucas follas
na pereira

baballa un día
de outono
colgado
da branca néboa.

un camiño
melancólico
para que o tempo
sosteña.








jueves, 3 de octubre de 2013

Nacida en outono


 
















Esta cor dourada,
dourada no ceo
dourada na auga
anaga o meu corpo

o berce do día
arrolo dun sono,
a luz esvaída
nacida en outono.












lunes, 12 de agosto de 2013

Pétalos de ausencia



















Os pétalos murchan
e desaparecen 
nas cinzas do tempo,
o seu perfume
queda atrapado
entre paredes 

de ausencia.







sábado, 6 de julio de 2013

Vagalumes


















A praza da leña (Pontevedra)
(Pontevedra) Foto de manuanju,








¡Qué cálida ledicia
ésta, que na noite de verán
se palpa!
noite que torna en lúa
os corredores
da casa,
a que ateiga
de faroles
o empedrado da praza

con perfume de petunias
doce harmonía
romántica,
que cingue de vagalumes
os corazóns expidos
que deixan de ser
coraza.







lunes, 24 de junio de 2013

A noite de San Xoán



 
 
 
Noite meiga, noite meiga
noitiña de San Xoán
non hai monte nin ribeira
que non teña unha fogueira
por riba da que saltar.

Xa teño as miñas herbiñas
para deixar ó serán
que xunto coa auga e o lume
esta noite milagreira
todo vai purificar.

Reflexos das labaradas
vense nas augas do mar,
enchese o ceo de estrelas
para acompañar a lúa
que vén ás olas bicar.
 
 
 
 

viernes, 17 de mayo de 2013

Esta miña fala











Fala que me canta
nas augas do río,
fala que me conta
o que trae o vento,
fala que me chora
nas bágoas dun fillo, 
fala que me nace
dende o meu adentro.

Ti non morrerás
lingua feiticeira
palabra de ancestro
palabra primeira,
a miña palabra
¡palabra galega!





 










miércoles, 27 de marzo de 2013

Camiño de esperanza




 









(Foto xanela )




Sempre queda
a esperanza
de chegar
o cume das estrelas,
aínda
que se perdera
a inocencia
entre ocasos
de escuma branca.






martes, 29 de enero de 2013

Outras latitudes




 













Pintura de Lluís Ribas   



Moito do que antes importaba
xa non importa
son outras latitudes
no espazo, no tempo

as que me adentran,
saboreo o pracer de estar

vístome
en cada amencer
co mar,
coa flor,
co vento

e dende esta túnica
que me cubre
todo  canto acontece
é un milagre.






miércoles, 2 de enero de 2013

Soño de inverno




















O seu soño
foi un soño atemporal 
de desconcerto

folla de outono
que pensou primavera
con sol de inverno

unha cor dourada
un gozo de luna
un ledo intento

fráxil latido
voo de seda
eterno silencio.


(Foto Felix Vaquerizo)