martes, 16 de diciembre de 2014

Ás portas do inverno

 




















Hoxe só quero
ser
esa árbore de outono
que na súa
aparente quietude
axita
soños de primavera.

Palpitante nudez
que agarda
a suave calidez
ás portas do inverno. 


 (Pintura :
John Atkinson)








viernes, 19 de septiembre de 2014

Tintes de outono

 












 Foto xanela





Neste xardín de rosadas azaleas
xa non pousa bolboreta.
Diluídas cores
que escapan
entre os dedos do verán
murchos na néboa.

Nos meus cristais
vento do sur,
regueiros de chuvia morna.
Nas miñas tellas
tartamudeo de sombra.

Mensaxe con tintes de outono
rexistra a feble memoria.

 



miércoles, 30 de julio de 2014

Nunca é tarde
















(Foto xanela )




Cando xa pensabas
que o teu reloxo ía canso
descubres
que aínda lle quedan horas
coas que soñar,
un novo arrecendo de gardenia
polo que loitar,
unha nova brisa de aurora
que che fai revolotear
pombas no peito.

Agora sabes,
agora eres
agora vives.




sábado, 31 de mayo de 2014

“O tempo”



Pintura :
(Henri Matisse )





O tempo
é chumbo que pesa

para  quen o leva ás costas.

      

Un lóstrego que zorrega

polos buracos das coxas .



Un vaído de dor  no peito

en donde abreva

o desexo



O tempo…



o seu pé de vento

non acouga,

corre que corre lixeiro

polos  atallos da vida.




domingo, 25 de mayo de 2014

Un pétalo de luz na noite



 

























" De profundis"
Pintura do meu amigo
Xabier Castro Suarez





Apagáronse os ollos,
o espíritu do  home
camiña
por unha terra de sombra,
cego, calado
recibe nas súas mans
centos de flores murchas.

Se tan efémero é o lirio
por qué o soño do verme
pervive eterno na néboa .

Deixamos caer ó río
un tempo que nos  escapa.

Por un pétalo de luz na noite,
un desexo que alumee
a hora morta,
unha  fresca brisa de aurora
que entre pola fiestra
na hora arcaica da tebra.