martes, 15 de abril de 2014

Arrecendos
















Foto xanela
Carrascos en flor
(Cabo Udra)




 E agora que a chuvia
xa non é lamento de bágoas
que mollan as hedras,
prego pola túa presenza
meu sol de primavera.


Abre a fiestra da túa alma
e contempla…


este canto de amor
esta explosión de beleza,
non hai recuncho na terra
que non faga brotar
un sorriso


e ten tanto que ofrecer…


que cando murchen os lirios
quedarán tenras lembranzas
no arrecendo da herba,
no nacemento dun soño
no cantar da fonte vella
nas tardiñas cara ó mar
no noso banco de pedra.