lunes, 1 de febrero de 2016

Na praia da Lanzada



















Foto xanela



Un cántico de olas esvara
pola area
e ven a mín  sobre  finísimos
patíns brancos.
Pura letanía que se agocha
entre  as dedas dos pés
e as horas baixas.

Unha mestura de emocións
danzan no caletre.
Van e veñen
coa mesma cadencia
da auga.

Paseniño,  paseniño
esparexen con lene murmurio
igual  cas pegadas
da gaivota.