miércoles, 11 de octubre de 2017

¿Un soño de poetas?



                                                                                                                                                                                                            
(Imaxe da rede )


Cando creía
que todos éramos quen
de voar libremente,
cando creía
que todos ollavamos
os pasos sin fronteiras
xurden nas prazas
e nas rúas,
os odios, os berros
as guerras das bandeiras.

Este querer ser
vento ceibe de xenreiras
que leve
o bo facer dos homes
polos camiños do mundo,
¿será só
o curuto dun soño
de poetas?



 



martes, 26 de septiembre de 2017

Volvoretas de outono



 





















A verdade,
dónde está a verdade.
Camiño na súa procura
pola realidade dos homes
e das cousas,
levantando as pedras
deste bosque silandeiro.
Só atopo carreiriños
de vermes.
Non desespero,
sempre me queda
a beleza .
Volvoretas de outono
voando sobre os
regatos.


viernes, 15 de septiembre de 2017

Xohana Torres





















 A cultura despide a XOHANA TORRES unha voz poética irrepetible
 Esta autora de «Tempo de ría» o «Do sulco» falecía o martes en Vigo os 85 anos.


SUEIRO

Cando fuxa, non quero fuxir soa.
¡Que agoiro, xeme, ponla, se non chegas a froito!
O alcipreste chora porque naceu único.
Nada máis que é por iso.

Cando sexa
quero ter sido Eva
en ducias de mazás, árbores madureiras;
que alguén teña escalado a miña cova
con ollos ben abertos;
que unha música espida, rexa, miña,
sinxelamente viva noutro exemplo.

Cando fuxa,
espírito no sol, nun vran ideal de rosas,
a miña xustiza sexa emanación: Xurrar. Xurrar
como xurran os días enchéndose de tempos;
xurrar, un xurrar desta espontaneidade,
de femia para fillo, evolución de Terra e mais de xestos.
Cando fuxa, (si, morrer, si, pero en vento irto)
que unha boca longal, toda de neno, tatexe sen respostas,
a elexía das nais, solagada nun berce de silenzo.
.
Xohana Torres





sábado, 8 de julio de 2017

Reflexión de lúa chea















Foto Xanela.


Como é posible
que sexa a lúa
quen poña claridade
no camiño das estrelas,
elas tan poderosas
tan fachendosa ela,
sempre sorrindo
no tellado da noite.

Esperemos
que a estrela que
ilumina os carreiros
dos homes
nunca se esvaeza.









  




jueves, 9 de febrero de 2017

Sempre Udra


















Foto xanela

Estou aquí,
camiñando
polos estreitos carreiros
de Udra,
espiños e chuchameis
custodian os pasos.
Alta sebe máis arriba
de mín,
pensamento libre.

Estou aquí
entre o sí e o non,
entre o áspero e a seda
o mesmo tempo.

Unha metáfora de encontradas
emocións
estalla fóra e dentro.

Estou aquí,
nun mar de dúbidas,
entre estoupido das ondas
e música de vento.